
“A misión da Compañía de Xesús e cada unha das súas obras segue sendo válida”, di o Superior dos xesuítas, Arturo Sosa. A crise COVID-19 está afectando especialmente ás persoas máis vulnerables. Na Compañía #seguimos traballando ao seu lado:
- Educando a mocidade que promoverá un mundo máis xusto.
- Transformando as realidades fronteirizas.
- Acompañando os que máis o precisan.
Agora máis que nunca queremos seguir traballando para estar ao lado das persoas e grupos vulnerables. Cando máis nos necesitan, é cando máis te necesitamos. Contigo #seguimos.