...

#Seguimos

A Compañía de Xesús #Seguimos á beira das persoas que máis sofren a vulnerabilidade nesta crise. Contigo #seguimos traballando con maior impacto nas liñas onde xa estabamos presentes. Desde as distintas áreas de traballo e sectores vinculados aos Xesuítas en España unimos forzas para podermos acompañar milleiros de persoas que viven a exclusión no medio desta crise social e económica. Traballamos para construírmos xuntos unha vida digna, aberta ao futuro e sen deixar ninguén atrás.

Quen somos?

A pandemia global do covid-19 está golpeando especialmente as persoas máis vulnerábeis. A complexidade deste momento está empuxando millóns de persoas á pobreza, á desigualdade e á exclusión social. Nesta situación, a Compañía de Xesús, as súas obras, institucións e comunidades #seguimos traballando para atendermos os colectivos e persoas que máis o necesitan. En concreto estamos a reforzar o noso actuar en tres grandes liñas:

  • Axuda de urxencia para atendermos necesidades básicas (alimentación, vivenda e saúde).
  • Acompañamento nos ámbitos educativo (reforzo escolar e atención á fenda dixital), psico-social (acollida e orientación, atención xurídica e formación) e de inserción laboral (formación, orientación e inserción).
  • Cooperación internacional apoiando os esforzos das obras da Compañía de Xesús naqueles outros lugares do mundo afectados pola crise e que contan con menos medios para responderen a ela.

#Seguimos Acompañando

Para reducir a fenda da desigualdade social que afecta as persoas máis vulnerábeis.

#Seguimos educando

Para que miles de nenos, nenas, adolescentes e xente moza poidan seguir estudando e ser o motor que impulse un futuro máis xusto.

#Seguimos transformando

Para que miles de persoas sen acceso a condicións dignas mínimas poidan saír adiante e prosperar, estean onde estean.

Últimas noticias

Podes seguir toda a actualidade sobre o traballo que desenvolvemos na iniciativa #Seguimos da Compañía de Xesús:

90 familias da obra Nazaret (Alacante), apoiada por #Seguimos

90 familias da obra Nazaret (Alacante), apoiada por #Seguimos

Nazaret en Alacante, é un traballo social que atende a…

Segue lendo
Proxecto internacional para responder á emerxencia

Proxecto internacional para responder á emerxencia

Dende #Seguimos continúamos impulsando proxectos para afrontar a crise derivada…

Segue lendo
Proyectos aprobados en la campaña #Seguimos

Proyectos aprobados en la campaña #Seguimos

Gracias al apoyo de la campaña #Seguimos más de 30…

Segue lendo