...

#Seguimos é un esforzo conxunto das obras, sectores, plataformas, institucións, comunidades e grupos vinculados á Compañía de Xesús en España para continuarmos co acompañamento das persoas e colectivos máis vulnerábeis nesta crise. Unha chamada a seguirmos exercitando o noso compromiso coa xustiza convencidos de que o traballo en colaboración e a suma de esforzos é a mellor estratexia ante a pandemia e as súas consecuencias. Agora máis ca nunca queremos continuar a traballar para estarmos á beira das persoas que máis o necesitan.

Compañía de Jesus

EDUCACIÓN

Formar nenos, nenas e mozas/os en Colexios e Universidades para seren no futuro persoas responsábeis de si mesmas e da súa contorna na construción dun mundo máis xusto.

SOCIAL

Acompañar, servir e defender as persoas e colectivos máis vulnerables co obxectivo de acadar a xustiza social en tres áreas: cooperación internacional, migracións e infancia e mocidade.

PASTORAL

Amosar a faciana de Deus no mundo e crear espazos para acompañar e suscitar a fe, como algo que axude a persoas e comunidades viviren e medraren.

#Seguimos

Cando máis nos necesitan é cando máis te necesitamos.